Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo esixe que a merma dos recortes da Xunta non supoñan un recorte do servizo de socorrismo nas praias

OS SOCIALISTAS ESIXEN QUE OS RECORTES DA XUNTA NON SUPOÑAN UNHA MERMA DO SERVIZO DE SOCORRISMO NAS PRAIAS DE CERVO

-Lembran que o ano pasado o señor Villares “xustificou a contratación de 20 vixiantes por temas de seguridade, menos eran insuficientes, esperamos que o criterio este verán sexa exactamente o mesmo”

-En canto á perda de bandeiras azuis, “non nos afectará porque por segundo ano consecutivo non contamos con ningunha, ó alcalde non lle preocupa a repercusión económica que isto ten para concello”

CERVO, 15 DE XUÑO. Os recortes da Xunta de Galicia parece que tamén afectarán á seguridade nas praias durante este verán, o número de socorristas pode verse reducido e, en consecuencia, afectar á perda de bandeiras azuis, así o alertaron hai uns días a maioría dos medios de comunicación. Os socialistas de Cervo subliñan que “no tema das bandeiras azuis non nos veremos afectados porque xa non gozamos de ningunha grazas á pasividade do señor alcalde, Alfonso Villares, pero esiximos que o servizo de socorrismo non se vexa para nada afectado”.

Lamentan que “por segundo ano consecutivo, quedamos sen este galardón do que levábamos disfrutando dende o seu inicio. Esta vez o equipo de goberno nin sequera fixo as solicitudes e alegou motivos que non convencen a ninguén”.

As bandeiras azuis non son motivo de preocupación para este goberno “ou polo menos así o demostran. Agardamos que teñan outra actitude con respecto ó número de socorristas que necesitamos para contar coa seguridade adecuada e que dende o goberno local se faga todo o posible para que este servizo non se vexa en ningún momento mermado”.

Dende o PSOE de Cervo lembran que “o ano pasado comezamos o verán con 17 vixiantes, servizo ó noso entender máis que ben dotado, o goberno calificouno de insuficiente e en agosto contrátaronse tres máis, alcanzando un total de 20 socorristas. O señor Villares xustificou esta decisión por temas de seguridade, esperamos que o criterio para este verán sexa exactamente o mesmo”.

Os socialistas engaden que “nun concello coma o noso no que o turismo e a hostelería son un motor importante para a economía de tódolos cervenses, tanto as bandeiras azuis coma un adecuado servizo de vixiancia nos areais son reclamo indiscutible para turistas e visitantes, pero o señor Villares parece ignorar este asunto ano tras ano”.

Exit mobile version