Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo esixe que se arranxe a saída de emerxencia da piscina de Lieiro

OS SOCIALISTAS ESIXEN QUE SE ARRANXE A SAÍDA DE EMERXENCIA DA PISCINA DE LIEIRO CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO CAMPIONATO GALEGO DE NATACIÓN

-Rexistraron a mesma reclamación no 2009, “dende aquel entonces non se fixo nada, esperamos que esta fin de semana esté solventado porque de non ser así calquer inconvinte será responsabilidade do alcalde”

-Subliñan que “é unha pena a imaxe de abandono que se ofrecerá do concello, cando a adecuada explotación destas instalacións podería dar moitos beneficios”

CERVO, 7 DE XUÑO. A piscina olímpica municipal de Lieiro acollerá este vindeiro domingo o Campionato Galego Máster de Natación Open e a saída de emerxencia segue estando inutilizable. Os membros do Grupo Municipal Socialista de Cervo rexistraron no día de onte unha solicitude para que se arranxe de forma urxente este problema, “cremos imprescindible que as instalacións estén en perfecto estado para a celebración deste evento durante a fin de semana”.

Xa no ano 2009 se fixo a mesma reclamación pero “dende aquel entonces ata o día de hoxe non se fixo nada, o que amosa a deixadez e despreocupación habitual do noso rexedor, Alfonso Villares. Esiximos que de cara ó fin de semana esté solventado, pode xurdir calquera urxencia e todo debe estar a punto. Calquer inconvinte derivado desta situación será única e exclusivamente responsabilidade do señor alcalde”.

Ademais de tratarse dun tema de seguridade, “é unha pena a imaxe de abandono que se pode dar ós visitantes. 200 nadadores xunto cos seus familiares visitarán Cervo esta fin de semana, é importante ofrecer os nosos mellores servizos para que se leven a mellor das impresións”.

Os socialistas insisten en que se arranxe o desperfecto de maneira urxente pero temen que o equipo de goberno repita a actitude que mantivo no 2009 e continúen sen facer nada, “é certo que estas instalacións non foron nunca do seu interese a pesares do potencial que teñen e da importancia que podían alcanzar se se explotasen adecuadamente”. Só existen tres piscinas destas características en toda Galicia, “a organización de eventos podería conlevar un retorno económico importante para todo o concello pero non hai nin iniciativa, nin ganas nin ningún interese”.

Exit mobile version