Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Ribadeo asegura que a única obsesión do alcalde e “facer caixa”

RESPOSTA DE EDUARDO GUTIÉRREZ ÁS DECLARACIÓNS DO ALCALDE

DILLE QUE A ÚNICA MÚSICA DA QUE SABE É O ‘TINTINEO’ DAS MOEDAS PORQUE A SUA OBSESIÓN É ‘FACER CAIXA’

O alcalde elixe moi mal os elementos de comparación. Nun asunto como o que comentei relativo ás desorbitadas esixencias aos establecimentos de hostalaria, a única musica da que el sabe algo é do ‘tintineo’ das moedas, xa que tais medidas teñen como finalidade “facer caixa·, e de paso que a fagan algúns outros. Do resto nen ouvido, como moito orella.

Agora resulta que mete medo coa posibilidade de que veña a Policia Autonómica a facer inspeccións. Pois fará ben en rezar para evitalo, porque nen o propio edificio do Concello cumpre o Código Técnico de Edificación, unha das esixencias que contén o seu propio Decreto para os establecimentos: proxecto técnico adaptado ao Código T´rcnico de Edificación. Compre ter cuidado con interpretar as partituras que outros lle pasan con moita dilixencia. Nós dixemos, e repetimos, que é unha esaxeración esixir agora condicións de apertura que van ser moi dificiles de cumprir para os establecimentos antigos e con invocar o de salvo erro ou omisión· non abonda para xustificar a perda das licenzas por parte do Concello.

Reitero as nosas declaracións iniciais: instamos ao goberno municipal a estrearse nun plan de aforro e ir abandoando a voracidade recadatoria, que é a única nota distintiva do seu goberno até o de agora.

Exit mobile version