Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Ribadeo insta ao goberno local a incrementar a política de aforro e limitar a de “facer caixa”

DECLARACIÓNS DO PORTAVOZ MUNICIPAL EDUARDO GUTIÉRREZ

INSTA AO GOBERNO MUNICIPAL A INCREMENTAR A POLITICA DE AFORRO E A LIMITAR A DE “FACER CAIXA”, A BASE DE ESIXENCIAS ESAXERADAS AO SECTOR HOSTALEIRO TRADICIONAL

Non é a primeira vez que pola nosa parte facemos referencia á voracidade racadatoria do goberno municipal, a base da subida de todo tipo de taxas, impostos e prezos públicos, algo que contrasta co nulo espíritu de aforro e economía en capítulos tan abultados como son os gastos de persoal, aparte do réxime de indulxencia con determinados servizos que non son de prestación obrigada e cuxo déficit pagamos todos.

Pois ben, estes dias moitos establecimentos tradicionais e que levan tempo abertos, están sendo requeridos, por Decreto do alcalde, para que mostren a licenza municpal de apertura e actividade, baixo a disculpa de que é un complemento esixible para autorizar as terrazas, algo que nada ten que ver coa actividade en si mesma do establecimento, que é de supoñer que contou no seu dia coa autorización municipal correspondente, apareza agora ou non nos arquivos municipais, ou na memoria da Oficina Técnica, cuxo desaforado celo recadatorio garda relación con utilidades que nada teñen que ver co interse público, sen que sexa preciso –polo momento–, facer máis especificacións.

A problemática e as escepcionalidades de tais establecimentos, algúns moi antigos, existe en moitas vilas e cidades, que souberon ver que a aplicación retroactiva de medidas hoxe esixibles, son de moi dificil aplicación, se o que se pretende é manter a actividade en torno ao sector servizos e ao turismo, verdadeiros motores de Ribadeo.

Creo que invocar o Código Técnico de Edificación para autorizar unha sinxela terraza, que non ten nengún elemento construtivo, é un verdadeiro dislate. E por iso, instamos á alcaldía a que limite o seu celo neste aspecto a cobrar os correspondentes dereitos establecidos pola actualizada ordenanza, sen metrse en máis fonduras, e cambiar a política de “facer caixa· pola de aforrar, tal e como xa demandamos en varias ocasións.

Exit mobile version