Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Ribadeo manifesta o seu pesar polo falecemento de Gilberto Suárez

AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA DE RIBADEO

Dende a Agrupación Municipal Socialista de Ribadeo queremos amosar publicamente, como xa tivemos ocasión de facelo persoalmente, o noso pesar e as nosas condolencias aos familiares e amigos do socialista Gilberto Suárez.

Militante do partido socialista durante dez anos, concelleiro entre os anos 1995 e 1999, home preocupado polas necesidades do seu pobo e defensor dos intereses da sociedade ribadense. Mostra da súa labor, foi a pertenza a diferentes asociacións culturais, sociais e deportivas.

Lamentamos profundamente a súa perda.

Exit mobile version