Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Ribadeo presenta unha moción sobre a intención da Xunta de suprimir as oficinas tributarias dos rexistros

O PsdeG PRESENTA UNHA MOCION SOBRE A POSIBLE INTENCIÓN DA XUNTA DE SUPRIMIR AS OFICINAS TRIBUTARIAS DOS REXISTROS

RIBADEO VERIASE AFECTADO

O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta, diante do Pleno da Corporación esta MOCIÓN, en base a seguinte

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Presidente da Xunta vén de anunciar que a constitución da Axencia Tributaria de Galicia (ATG) suporá un aforro de 15 M€ en catro anos e un incremento da recadación derivada da loita contra a fraude fiscal de 20 M€ ao ano.

O aforro deriva, segundo o presidente Feijoo, da eliminación da Dirección Xeral de Tributos, das delegacións territoriais da Xunta e da eliminación de 42 oficinas recadadoras. Dada a necesidade de garantir o acceso territorial dos cidadáns ás súas obrigas tributarias, resulta sorprendente que a Xunta de Galicia anuncie a retirada da posibilidade de presentar e liquidar os impostos en todas as vilas e comarcas galegas, obrigando a todos os cidadáns a presentar as súas liquidacións ben nas cidades, ben por vía telemática. Deste xeito este anuncio da Xunta de Galicia pretende, un suposto aforro, facendo recaer os custes sobre as finanzas das familias, en forma de custes de transporte ou de gastos de xestorías.

Ante esta situación, que debilita aínda mais os servizos no rural de Galicia, o Grupo Municipal Socialista, presenta a seguinte MOCIÓN para o seu debate en Pleno.

O Concello de Ribadeo insta a Xunta de Galicia a:

Facilitar aos cidadáns o cumprimento das obrigas fiscais mantendo ou mellorando o mapa actual de oficinas liquidadoras e facilitando o acceso telemático.

Nomeadamente, garantirá que no Concello de Ribadeo os contribuíntes poderán cumprimentar as súas obrigas tributarias ca comunidade autónoma, cando menos con idénticas facilidades das que hoxe existen.

Exit mobile version