Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Ribadeo valora o proceso de alegacións ao PXOM

O PORTAVOZ MUNICIPAL, EDUARDO GUTIERREZ, VALORA O PROCESO DE ALEGACIÓNS AO PXOM.

AINDA QUE NON SE TRATA DUN REXEITAMENTO XERAL SON UNHA CHAMADA DE ATENCIÓN DO VECINDARIO.

O SOCIALISTA FOI O ÚNICO GRUPO MUNICIPAL QUE PRESENTOU ALEGACIÓNS.

Cremos que o número de alegacións, presentadas durante o periodo de información pública do Plan Xeral, é bastante significativo. E máis ainda se consideramos a campaña de desmotivación levada cabo, particularmente polo alcalde na zona rural e por parte da oficina técnica no casco urbano, situación sobre a que xa alertamos no seu día; primeiramente non se derivan cargas esaxeradas da clasificación de solo de núcleo rural e, en canto ao urbano, non se pode argumentar que nunca se van acometer determinadas zonas ou polígonos. Xa no seu día, cando se incorporaron ao Plan os últimos convenios urbanísticos fixemos advertencia expresa das suas consecuencias e, nun caso concreto, a dubidosa legalidade ao non vir o expediente completo, aparte da nula rendabilidade para o interés público.

As 540 alegacións, que pode ser algunha máis que chegue por correo, non é que signifiquen un rexeitamento xeral, pero si constituen unha importante chamada de atención: o nivel de asentimento dos veciños que era unha das preocupacións fundamentais do alcalde e o seu equipo, non é o que agardaban. E el mesmo o recoñece ao asegurar que non houbo tantas como hai catro anos porque se estimaron algunhas.

Pola nosa parte, estudamos os documentos e formulamos as nosas alegacións, sempre co norte da defensa do interese xeral, e facendo aportacións para por unha parte depurar erros importantes e, pola outra, renegociar cos responsables da Xunta algúns excesos claramente perxudiciais para os veciños. Temos que destacar a pouca calidade documental e científica dos informes emitidos por Patrimonio, algo sumamente grave polas afeccións para os veciños. Aparte dos excesos atribuindose competencias en planificación, das que carecen

Exit mobile version