Site icon Crónica3.com A Mariña

Voltan os Domingos a pé da Concellaría de Igualdade ribadense cunha ruta de Rinlo ata Ribadeo

O vindeiro 1 de xullo voltan os Domingos a pé, que organizan a Concellaría de Igualde e o CIM. A ruta desta volta será desde Rinlo ata Ribadeo. A saída será desde a estación de Feve en Ribadeo ás 11:00 horas para chegar a Rinlo e desde alí facer o roteiro cara Ribadeo. As interesadas en participar nesta nova edición dos Domingos a pé poden anotarse no Centro de Información ás Mulleres, ubicado no auditorio municipal Hernán Naval, ou chamando ao seguinte número de teléfono: 982 120 739. O programa de ocio ao son das mulleres do Concello de Ribadeo xa levou adiante dúas actividades, unha viaxe ao balneario de Guitiriz o pasado 20 de maio e o roteiro do río Landro en Viveiro, dentro dos Domingos a pé, que tivo lugar o pasado 3 de xuño.

Exit mobile version