
Este ano será o sábado 7 de xullo. Os interesados en participar poñerse en contacto co as directivas de Os Sendeiros e da Ampa do colexio do Pilar ata o venres 6 de xullo. A ruta e unha senda a beira do río Ouro no concello Alfoz, o camiño vai a o carón da Finca Galea ata achegarnos a o Castro de Ouro, antiga capital do Concello de Alfoz. En Castro de Ouro encóntrase a Fortaleza do Mariscal Pardo de Cela do século XVI, a igrexa de San Salvador do século XV facendo un fermoso conxunto. Dende este lugar a panorámica do Val e impresionante. Ao remate da ruta faremos unha visita ao interior da Torre Pardo de Cela, unha xentileza do Concello de Alfoz.