NOTA DE PRENSA
“ A Área de Cultura do concello de Viveiro, a Concellería de comercio e a asociación Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro presentaron o proxecto de teatro na rúa “ EscapÁrate”
Viveiro, 16 de Xuño de 2012
As intervencións sucederanse entre 12,30h e 14,30h e entre 19,00h e 22,00h
“ É un proxecto que nos ofreceron dende o departamento de Cultura da Deputación de Lugo e que decidimos acoller en Viveiro porque nos pareceu moi innovador e interesante para poñer en valor o comercio como motor de conservación do patrimonio e reivindicar a compra- venda de proximidade. Un xeito de tender pontes entre a actividade comercial e a creación artística, ocupando con actividade cultural uns espazos reservados á exhibición comercial, convertindo os escaparates en escenarios para o teatro, a maxia, a danza ou a música” sinala Olaia Casas
Manolo Galdo, concelleiro de comercio destaca “ Viveiro é o primeiro concello da comarca e da provincia de Lugo en acoller este proxecto,posicionando así a nosa vila en referente cultural e comercial, convertindo as ruas do casco vello en escenarios a ceo aberto. A animación a pé de rúa durante toda a xornada correrá a cargo de Pepe Penabade.
Pola súa banda, o presidente da asociación do comercio Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro “agradecemos ás concellerias de cultura e de comercio do concello, a área de Cultura da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo e ao grupo Chévere o interese pola dinamización do comercio do concello, así como a acollida que tivo o proxecto por parte dos comerciantes.
Unha actividade que mostrará o comercio dun xeito moi innovador.