PRESENTOUSE EN VIVEIRO A I COPA DEPUTACIÓN DE FÚTBOL BASE
Esta segunda competición do torneo, que se disputa entre equipos de categoría infantil, celébrase os días 9 e 10 de xuño no campo do Cambedo en Viveiro
Antonio Veiga explicou que “desde a Área de Deportes da Deputación, queremos facer fincapé no apoio ao deporte de base, propoñendo esta competición futbolística que é tamén un gran evento socializador e de convivencia para todas e todos os nenos e as súas familias”
Nesta segunda competición, que se celebra os días 9 e 10 de xuño, participan un total de 21 equipos, divididos en seis grupos: tres con catro equipos cada un, e tres con tres equipos cada un. Os partidos só terán unha parte de 30 minutos, menos na final que terán dúas partes, de 40 minutos cada unha. Haberá trofeos para os catro primeiros, e un vale de material para o campión, que se entregarán o domingo día 10, ás 21:30 horas.
Veiga afirmou que “como vén sendo a nosa liña de traballo desde a Área de Deportes da Deputación, queremos facer fincapé no apoio ao deporte de base, propoñendo esta competición futbolística que será tamén un gran evento socializador e de convivencia para todas e todos os nenos e as súas familias”.
Hai que salientar que os custes de desprazamento, manutención e aloxamento para aqueles equipos que se teñan que desprazar moitos quilómetros estarán sufragados pola Deputación de Lugo, ademais de todos os gastos propios da competición como arbitraxes, materiais, etc. Nesta liña, Antonio Veiga puntualizou que “é un aliciente para os equipos saber que teñen todos os gastos cubertos, xa que os equipos que se teñan que desprazar máis de 15 quilómetros desde a súa orixe ao punto onde se disputa o torneo terán sufragados os gastos de desprazamento, así como o aloxamento e a manutención para os equipos que se teñan que desprazar máis de 70 quilómetros. Tamén cada xogador levará un agasallo pola súa participación, ademais dos correspondentes trofeos aos 4 equipos finalistas de cada categoría. Polo tanto, estamos poñendo todas as facilidades para que participen o maior número de futbolistas e de clubs”.