Preséntase “Acrobata”, o novo traballo de Ugia Pedreira e Fred Martins
Os compositores Ugia Pedreira e Fred Martins presentaron o vindeiro mes de xuño do ano pasado, “Acrobata”, o resultado dunha conxunción artística natural xermolada tras un encontro entres os dous artistas que tivo lugar en Rio de Janeiro.
A palabra é unico vestiario deste traballo onde as linguas galega e portuguesa se saudan dun xeito cordial e responsable. É a poesía a auténtica protagonista e a única con poder aboluto en todas estas composicións engalanadas coa música. “Acrobata” é, sen lugar a dúbidas o mellor exemplo pop do achegamento da Música Popular brasileira (MPG) coa Música Popular Galega (MPG).
Ugia Pedreira+Fred Martins: MPG+MPB
Ugia Pedreira é xa unha artista e compositora consolidada no panorama artísitico galego. É unha das caras visibles de proxectos musicais xa coñecidos como Nordestin@s, Ecléctica Esemble ou Marful, entre outros. Fred Martins xa ten publicados catro discos como cantor e compositor. Os seus temas foron gravados por artistas universais do Brasil como Ney Matogrosso, Maria Rita ou Zélia Duncan.
“’Acrobata’ é orballo quente de verán, chuva lenta que abona. É un disco feito para fantasear, para sonar en branco e negro e cor. As cancións voan e teñen a súa propia autonomía”, afirma Pedreira. Pola súa banda , Fred Martins incide na idea de que “este traballo activa mediante a palabra o circuíto dos sentimentos. É un disco con alas”.
Carrán, o acrobata do ar
A viaxe de ida e volta deste disco ven definida, metafóricamente, polo Carrán, unha ave que realizada un percorrido de Norte a Sur facendo parada para comer nas costas galegas. Esta ave ártica é a criatura da terra que máis luz recibe e a súa viaxe migratoria é a máis longa do reino animal – equivalen a tres percorridos de ida e volta à Lúa – é por iso que tamén é coñecido como anduriña de mar ou a ave do sol. O Acrobata, ademais, é outra ave que habita exclusivamente nunca pequena rexión do Sur de Bahía, descuberto no 1996 en Brasil e xa en perigo de extinción.
Créditos
“Acrobata” foi gravado nos Estudios Beograd, o Auditorio de Galicia e o Conservatorio de Ourense, sendo técnico Arturo Valdasano. As gravacións adicionais foron feitas por Quim Farinha, Luis Peixoto, Germán Díaz, Marcelo Martins e Marcos Suzano. Este traballo está producido e dirixido musicalmente por Pedro Pascual, misturado e masterizado en Savik Sound (Caritel-Ponte Caldelas) có técnico Xosé Trincado “Triki” en marzo de 2011.
Colaboradores: Pablo Pascual, José Diaz, Alejandro Vargas, Germán Diaz, Marcelo Martins, Marco Suzano, Luis Peixoto ,Quim Farinha, Marcos Vázquez.