A VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN ORGANIZOU A PROXECCIÓN DO FILME MORREU O DEMO, ACABOUSE A PESETA
Antonio Veiga, que asistiu á mesma, destacou “o peso que ten este proxecto para reforzar a labor divulgativa dun personaxe senlleiro da cultura galega como é Barriga Verde, o derradeiro exemplo en Galiza do monifateiro de feira”
A longametraxe foi rodada nunha vintena de localizacións de Galiza e Europa durante máis de dous anos
A longametraxe documental, dirixida por Pedro Solla, autor tamén do guión xunto con Marcelo Martínez, está producida por Tintimán Audiovisual e conta co apoio da AGADIC (Asociación Galega das Industrias Culturais) e da TVG. A área de Cultura da Deputación de Lugo, que organiza esta proxección, colaborou co filme facilitando que a nova barraca de Barriga Verde, reconstruída pola compañía de títeres Viravolta, actuase nas festas das San Lucas e do San Froilán en 2010.
Este documental, que foi rodado nunha vintena de localizacións de Galiza e Europa durante máis de dous anos, trata de restaurar a memoria da familia Silvent a partir de conversas cos únicos descendentes dos titiriteiros, Juan Silvent e a súa muller Lidia, que asistiron á proxección, e da reconstrución do espectáculo realizado pola compañía lalinense Viravolta.
Na súa intervención, Antonio Veiga destacou “o peso que ten a elaboración e proxección deste documental para reforzar a labor de divulgación dun personaxe senlleiro da cultura galega como é Barriga Verde, o derradeiro exemplo en Galiza do monifateiro de feira, unha figura que formou parte dunha cultura popular que se desenvolveu ao marxe da cultura oficial durante séculos, por vía oral na meirande parte dos casos, e que agora corre o risco de desaparecer; unha figura que os mariñáns maiores de 40 anos