Site icon Crónica3.com A Mariña

Recepción do alcalde de Foz e da concelleira de Deportes aos participantes no Campus de Patinaxe

Recepción que a concelleira de Deportes e o Alcalde ofreceron aos/ás participantes do V Campus de Patinaxe Artístico que se celebra durante esta semana na nosa vila. Hoxe,despois da comida realizarán unha das actividades complementarias, como é a visita á Frouxeira, onde a técnico de turismo de Foz lles explicará a historia do Mariscal Pardo de Cela e onde poderán ver os restos da súa fortaleza. Posteriormente seguirán preparando coreografías de patinaxe. Quédanlles por diante dous días máis cheos de actividades e aprendizaxes, dirixidas por Rebeca Díaz.

Exit mobile version