Site icon Crónica3.com A Mariña

Segundo o Ministerio de Facenda, o concello de Cervo é o quinto máis endebedado de toda a provincia de Lugo, asegura o PSOE

OS SOCIALISTAS SINALAN QUE A MALA XESTIÓN DO GOBERNO É A CAUSA DE QUE CERVO SEXA O QUINTO CONCELLO MÁIS ENDEBEDADO DE TODA A PROVINCIA

-Os datos do Ministerio de Facenda mostran que “Cervo é un dos cinco peores parados da provincia en canto á débeda, non podemos consentir que o noso concello supere incluso a outros de maior capacidade”

-A lei do mínimo esforzo rexe a xestión deste goberno, “estamos entre os máis endebedados e ademais entre os que menos lograron reducila débeda”

CERVO, 6 DE XUÑO. O Concello de Cervo é o quinto municipio máis endebedado de toda a provincia de Lugo, así o confirmaba hai uns días o Ministerio de Facenda. Os socialistas lamentan esta situación e sinalan a mala xestión do alcalde, Alfonso Villares, como causa da mesma, “queda demostrado que o traballo está sendo insuficiente”.

Os membros do GMS esixen “un esforzo maior á hora de reducir gastos innecesarios, gastos dos que levamos alertando moito tempo. Non podemos consentir que o noso concello con menos de 5.000 habitantes teña máis débeda que concellos de 20.000 habitantes como Monforte, por exemplo. Pedimos ó alcalde e ó equipo de goberno que se preocupen deste tema porque parecen non ser conscientes da situación, e menos mal que por fin prescindiremos da asesora municipal”.

Os socialistas subliñan que “a desidia e falta de adicación por parte do goberno chega a tal punto que ademais de ser un dos cinco máis endebedados somos tamén dos que menos reducimos a débeda, logrando rebaixala tan só un 5%, cando hai concellos que lograron reducila ata un 59%.

Os datos mostran que este goberno segue a lei do mínimo esforzo, por tanto, “esiximos un traballo moito maior en canto a este tema que consiga poñer a Cervo e ós seus veciños no posto que se merecen”.

Exit mobile version