Dous días antes, a visita foi á inversa e @s alumn@s do noso centro pasaron unha xornada moi entretida e divertida grazas á interpretación de dúas pequenas obriñas de teatro que @s nenos de 5º e 6º fixeron para nós.
As dúas xornadas contaron con actuacións musicais: un baile rapero no número 1(versión do poema Rente ao mar ese camiño, do grupo Dios ke te crew) e tres pezas de rock sinfónico interpretadas á guitarra por tres alumnos do IES.
Esta actividade enmárcase dentro do programa de actividades da biblioteca e do EDL dos dous centros educativos que comezan deste xeito unha andaina conxunta de colaboración.