ACD.XOVE, COMPETICIONS E ACTIVIDADES para fin de semana 9-10 de Xuño
Este será o último fin de semana de actividade deportiva de Competicion da Tempada 2011-1012.
SABADO DÍA 9:
Clausura da Escola de Futbol Sala, co Torneo “Entre Nós”. Durante todo o día no Pavillon Municipal, e van a participar todolos xogadores da Escola de Futbol Sala. Pola mañan dará comenzo as 10:30h. e pola tarde dará comenzo as 16:00h. O final entrega de Trofeos e merenda para todos.
DOMINGO DIA 10:
I Gala-Clausura da Escola de Patinaxe Artistica: Este domingo pola tarde no Pavillón Municipal, vamos a celebrar a I Gala-Clausura da Escola de Patinaxe. Van a participar equipos de Chantada, Foz, Coruña e o equipo anfitrión a ACD.XOVE. Todo un espectaculo de Patinaxe Artistica, para despedir a tempada.
Clausura da Liga Pre-Benxamin de A Mariña: O domingo todo o día, vai a celebrarse no Pavillon Torques de Marzán (Foz), a Clausura da Liga Pre-Benxamin de A Mariña.
Pola mañan será o turno para a categoria Mini Pre-Benxamin (nacidos no 2005-2006). O noso equipo xogará 4 mini-
partidos durante toda a mañan, para o final facer a entrega de Trofeos e Medallas. O equipo Mini Pre-Benxamin da
ACD.XOVE, clasificouse 2º en esta Liga.
Pola tarde será o turno para os Pre-Benxamins (nacidos no ano 2004). O noso equipo xogará un total de 5 mini-
partidos durante toda a tarde. O final entrega de Trofeos e Medallas. O equipo Pre-Benxamin da ACD.XOVE,
clasificouse 2º en esta Liga.
Con este fin de semana tan repleto de DEPORTE, pechamos a Tempada 2011-2012 de Competicions Deportivas.
Para o mes de Xullo dan comenzo as Actividades de Verán.
MOITA SORTE A TODOS OS NOSOS DEPORTISTAS