Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ fará un acto informativo ao veciños para recoller as súas demandas para o concello

Estimado/a veciño/a :

Diríxome a ti para pedirche que nos acompañes o vindeiro 8 DE XUÑO (venres) ás

20:30 h. na SALA BAHÍA, nun acto informativo que organizamos dende UNIFOZ.

UNIFOZ non ten que consultar as súas decisións en Santiago nin en Lugo, pero

si as quere consultar contigo. É por iso que, cumprindo o noso compromiso de

facer xuntanzas cos veciños unha vez ao ano para informar a cidadanía do noso

traballo municipal ao longo da actual andadura política, organizamos este acto. Nel

queremos, asemade, escoitar e recoller a túa opinión e propostas para o presente

e futuro de Foz.

Agardamos contar coa túa presenza e aproveito a ocasión para saudarte e

desexarche moita sorte nesta especial situación que nos toca vivir. Unha aperta.

Exit mobile version