EXPÓN:
Que unha vez máis, segundo informacións que nos trasladan os veciños e veciñas deste municipio, temos que denunciar publicamente a pouca ou nula atención que se está a prestar por parte do equipo de goberno de Foz ao mantemento de zonas de recreo, a pesar de que se contratou unha empresa externa para estes traballos e que, se gastaron para tal fin, polo menos, máis de 60.000 €.
Estámonos a referir a un paseo polos que circula moita xente e xuntamos fotografía como testemuña da situación na que se encontra. Segundo nos comentan os veciños, xa comunicaron esta situación ao Concello pero ninguén lles fai caso.
Todo isto está a pasar pola falla de planificación e organización dos medios dispoñibles deste equipo de goberno que realiza o mantemento das áreas de recreo segundo os veciños proceden a facer denuncia pública e non segundo unha planificación concreta de necesidades. Por todo o exposto,
SOLICITA: Que se tomen as medidas oportunas e se proceda á organización da limpeza das zonas verdes e áreas recreativas para a súa corecta conservación.