Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ pide que a corporación inste ao PP e á Xunta para que rectifiquen as súas declaración que danan a Foz

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor e Mª Ángeles Veiga Varela, en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside, e no seu nome o seu portavoz Jaime Cancio Rodríguez, presenta a seguinte MOCIÓN DE URXENCIA :

Ante as declaracións feitas por responsables do PP no Parlamento de Galicia, e recollidas por diferentes medios de comunicación, sobre a situación económica do Concello de Foz nas que se cualifica de irresponsables aos partidos da oposición, queremos expresar o noso rexeitamento ás mesmas por consideralas falsas, irreais, e moi prexudiciais para o noso pobo.

O Parlamento de Galicia tiña que ser quen decidira e acordara axudar aos focenses, como veciños que somos de Galicia, coa concesión de investimentos pendentes como pode ser a construción da Residencia de Maiores, atención aos servizos sanitarios, dragado do porto, tratamento de residuos, construcción do Super Poro etc.

É, pois, necesaria unha rectificación por parte do Parlamento de Galicia e, de forma especial, polo grupo Popular.

Por todo isto UNIFOZ PRESENTA ESTA MOCIÓN DE URXENCIA, SOLICITANDO O ACORDO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL PARA INSTAR AO GRUPO PARLAMENTARIO DO PP E AOS RESPONSABLES DA XUNTA DE GALICIA PARA QUE RECTIFIQUEN AS SÚAS DECLARACIÓNS, DADO QUE ESTAS CREARON ALARMISMO E UN DANO IMPORTANTE AO NOSO POBO. INSTÁMOLOS, ASEMADE, A TOMAR UN ACORDO PARLAMENTARIO QUE PERMITA ACOMETER AS OBRAS PENDENTES PARA FOZ

Exit mobile version