Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ pide que se permita o uso da zona verde colindante coa praia da Rapadoira

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside e no seu nome o seu portavoz Jaime Cancio Rodríguez , presenta o seguinte

ROGO

Segundo a nosas información recollidas polos medios de comunicación así como pola observación da sinal colocada na zona verde colindante coa praia da Rapadoira, parece que queren impedir que os veciños en xeral podan utilizar este espazo.

Dende UNIFOZ, consideramos a medida desacertada e entendemos que é prexudicial para o pobo de Foz.

UNIFOZ, considera que é compatible a súa utilización cunha imaxe correcta do entorno, como pode ser a colocación de mesas de madeira.

UNIFOZ, considera que a medida prexudica os intereses do sector da hostalaría do noso pobo, así como a afluencia de veciños que nos visitan de outros lugares.

UNIFOZ, considera inxusto tal medida tendo en conta de que nos esquecemos totalmente o que pasa pola noite.

Por todo o exposto, presentamos este ROGO, para que revoque esa decisión e se ordene a zona para que a mesma poda ser utilizada de forma ordenada polos veciños que o desexen.

Exit mobile version