Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ pide ver o expediente do procesos selectivo de contratación de persoal e unha copia da concesión dunha axuda para Normalización Lingüística

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ e no seu nome Jaime Cancio Rodríguez como portavoz de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside, ao amparo do disposto no artigo 14 e seguintes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e no exercicio do Dereito Fundamental, recollido no artigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elixidos nas eleccións por sufraxio universal.

EXPÓN:

Que por parte do Concello de Foz, procedeuse a selección de persoal laboral temporal das prazas de NORMALIZACIÓN LINGÜISTA, TRACTORISTA E CATRO PRAZAS DE PEÓN, segundo consta nas actas correspondentes do día 13 de xuño do presente ano.

SOLICITA:

Consulta de expediente do procesos selectivos mencionados.

Copia de escrito da Xunta de Galicia, de concesión ao concello de Foz, de unha axuda para Normalización Lingüística

Exit mobile version