Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ sorprendese de que ningunha das prazas ofertadas polo concello de Foz fora reservada para persoas con discapacidade

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela , como concelleiros/as de UNIFOZ, teñen que expresar publicamente a falta de consideración e sensibilidade por parte do goberno do PP de Foz ás persoa con discapacidade.

Nos últimos días por parte do goberno do PP de Foz, estanse convocando de presa e correndo unha seria de prazas para traballos temporais, 4 peóns, 1 de tractorista, 10 de peóns para praias.

Resulta sorprendente que ningunha das prazas fora reservada para persoas con discapacidade, algo que UNIFOZ, considera inxusto e de unha total falta de sensibilidade as persoas con discapacidade.

Así pois, pedímoslle ao Sr Alcalde e o grupo do PP de Foz, tome en consideración esta critica construtiva e nas ofertas de traballo que se realicen dende o Concello, se teña en conta a reserva de prazas para persoas con discapacidade o se inclúan na fase de concurso esta situación para facer unha discriminación positiva para algunha das prazas.

Exit mobile version