Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ xuntouse estes días con veciños de San Acisclo na rolda de xuntanzas para dar cumprimento ao compromiso adquirido na campaña electoral

UNIFOZ, xuntouse estes días co veciños de San Acisclo na rolda de xuntanzas para dar cumprimento ao compromiso adquirido na campaña electoral de xuntarse cos veciños/as unha vez ao ano, para dar conta do traballo, así como para recoller o sentir dos veciños.

Os veciños de San Acisclo, mostraron a súa preocupación pola parálise do saneamento en esta parroquia, parado xa fai anos pola Xunta, sen coñecer os motivos, así mesmo tamén está preocupados por non haber cobertura de telefonía de móbiles en esta parroquia.

Na enquisa recollida seguen confirmado a tendencia mostrado na Sala Bahía fai uns días:

Un 61% queren que haxa un cambio de goberno, e un 65 % valoran como mala a xestión do E.goberno do PP de Foz, e o paro segue sendo o principal problema seguido de S.Sociais e organización.

Unifoz tamén quere manifestar o abandono do Centro Social de Santa Cecilia, onde segundo din os veciños, nin se recolle o aceite domestico depositado.

Exit mobile version