Site icon Crónica3.com A Mariña

Usuarios dos centros de rehabilitación da asociación de axuda ao enfermo mental A Mariña viaxa a Santa Cruz de Tenerife

A ASOCIACIÓN DE AXUDA Ó ENFERMO MENTAL “A MARIÑA” COMEZA A ESTACIÓN ESTIVAL CON UNHA VIAXE A SANTA CRUZ DE TENERIFE:

Hoxe, 12 de Xuño, varios usuarios dos CENTROS DE REHABILITACIÓN PSICOSOCIAIS da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental “A Mariña” xunto con un Monitor dos mesmos, Manuel Boullosa Rodríguez saen cara Santa Cruz de Tenerife no marco dun programa de ocio e tempo de lecer de FEAFES GALICIA .

A viaxe realizarase xunto con mais usuarios e monitores de outras asociacións pertencentes a FEAFES (Morea e Albores ); sitas en distintas localidades galegas.

A saída foi hoxe ás 9:35 da mañá, dende o Aeroporto de Lavacolla, en Santiago de Compostela, facendo escala en Madrid, para chegar a Santa Cruz de Tenerife a primeira hora do serán . Esta viaxe terá unha duración de 8 días, regresarán o próximo 19 de xuño.

Os usuarios disfrutarán neste tempo de moitas actividades ademais de un tempo inmellorable.

Teñen previsto mañá mércores ademais de coñecer Puerto de la Cruz, visitar Orotava, que está en festas onde tamén fan alfombras florais (localidade hermanada con Ponteareas).

O xoves visitarán o Parque Natural do Teide, e terán unha visita guiada a “San Cristóbal de la Laguna”. É o terceiro municipio mais poblado de Canarias e o segundo da illa de Tenerife, ademais de ser cidade declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

Visitarán o Loropark, o mercadillo de Santa Cruz, ademais de o “Acantilado de los Gigantes”, a praia dos Cristianos, entre outras .

Con estas actividades perséguese favorecer as habilidades sociais, ampliación da rede de apoio e desenvolvemento de actitudes fundamentais como a empatía, o respeto e a solidariedade.

Esta viaxe, proporciona ós nosos usuarios unhas vacacións integrais, un espazo de esparcemento, diversión, relaxación e bo tempo… que repercutirá , sen ningunha dúbida no aumento da calidade de vida e mellora terapeutica de todos eles.

Exit mobile version