Site icon Crónica3.com A Mariña

Veciños e amigos organizan unha homenaxe a Eulogio Fernández Sampayo, ex alcalde de O Valadouro

O vindeiro martes, remata o prazo para inscribirse para a pequena homenaxe que un grupo de veciños e amigos lle queren rendir ó que foi alcalde de O Valadouro durante os últimos 20 anos: Eulogio Fernández Sampayo. Xa fai uns meses os traballadores lle rendiron homenaxe ó que foi o seu alcalde cando deixou o mundo da política… non faltando ninguén a esta cita. Agora unha comisión de veciños e amigos organizan unha serie de actividades para celebrar unha homenaxe a Eulogio F. Sampayo que a ter lugar o vindeiro domingo 10 de xuño cunha misa solemne na igrexa parroquial de santa maria de Ferreira ás 12:30H. De Seguido, ás 14:00 haberá unha comida-homenaxe a Eulogio Fernández Sampayo no pabillón polideportivo municipal de O Valadouro. Todos os interesados poden retirar os tickets en calquera dos locales hostaleiros de O Valadouro e recordar que o prazo remata o vindeiro martes pola mañá.

Exit mobile version