Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP recorda que a Xunta “mobilizou un millón de euros para apoiar o plan de expansión comercial de Sargadelos”

Balseiro agradece o apoio da Consellería de Economía e Industria á Cerámica de Sargadeos

Lugo, 11 de xullo de 2012.- Jose Manuel Balseiro Orol aproveitou a visita do Conselleiro de Economía e Industria á Cerámica de Sargadelos para poñer en valor o apoio que o Goberno galego está a dar á empresas que teñen pasado por dificultades e para significar o compromiso do Executivo que preside Alberto Núñez Feijóo co mantemento dos postos de traballo e a actividade dunha empresa importantísima para Galicia, relevante pola súa importancia cultural e histórica. Balseiro significou que a cerámica de Sargadelos é parte da alma de Galicia.

En opinión de Balseiro a Xunta cree en Sargadelos e no seu potencial de futuro, e de feito a mobilización das axudas outorgadas polo Goberno galego foron unha magnífica noticia para unha empresa que leva o nome de Galicia polo mundo adiante a para os máis de 100 empregados cos que conta na actualidade.

O Deputado Popular lembrou que a Consellería de Economía e Industria mobilizou un millón de euros para apoiar o plan de expansión comercial de Sargadelos. A axuda ten como destino o respaldo ao plan de expansión comercial da compañía, para permitir un incremento das vendas, e chegan despois do acordo alcanzado o ano pasado para a presentación dun novo plan de viabilidade no que se recollera, precisamente, o investimento en promoción e expansión comercial e o seu impacto nas vendas.

Exit mobile version