Site icon Crónica3.com A Mariña

A ala Lidia Mesías selou a continuidade co Burela FS Pescados Rubén para 2012-13

LIDIA SELA A CONTINUIDADE CO PESCADOS RUBÉN

A ala Lidia Mesías selou a continuidade co Burela FS Pescados Rubén para 2012-13, na súa cuarta tempada na Mariña, acompañada polo director xeral da entidade, José Luis Sáez Castro, na sede laranxa. Con esta formalización, a naronesa convértese na sexta renovación para o cadro que volverá dirixir Javier Pardeiro a vindeira tempada, con Dolo, Haydee, Jozi, Peque e Lucía.

A xogadora, que con tan só 21 anos é unha das habituais da Selección Galega e en 2011-12 xa foi reclamada na preparación da Española, recoñeceuse “moi contenta” polo acordo: “Tiven algunha que outra oferta, pero a miña intención sempre foi seguir neste proxecto coa idea de continuar mellorando e conseguir algo xuntos” explicou a burelista.

José Luis Sáez salientou as grandes aptitudes de Lidia, “unha xogadora traballadora e responsable que está construíndo un futuro prometedor”.

Exit mobile version