MAITE TAMÉN QUEDA NO BURELA FS
“O Burela FS sempre se caracterizou por ser un cadro moi loitador. Con esta premisa e coa maioría do bloque da tempada pasada garantido, poderemos superarnos, aínda que sabemos que será un reto de altura” asegurou Maite, que tamén apuntou a necesidade dalgunha incorporación no ataque para mellorar metas: “Creo que precisamos algunha xogadora para matar arriba; esa foi unha das nosas tarefas pendentes na tempada e oxalá ese reforzo poida chegar este ano”.
Con respecto ás noticias que van chegando da liga, Maite aplaudiu a entrada en Primeira doutro galego, o Viaxes Amarelle: “Será unha competición repleta de derbis; para nós será xenial porque estes partidos teñen algo especial” sinalou a xogadora.
Maite chegou en 2011-12 ao Burela FS procedente do Diamante La Rioja como subcampioa da Copa de España Burela 2011, igual que a tamén renovada Peque. Tras o Neumáticos Navalmoral (1997-2000) e CF Abetxuko (2000-05), a ala militou no Viajes Bidasoa (2005-08), de Prata, antes de vincularse á entidade rioxana en 2008.