CLAUDIA E ROSANA ABANDONAN O BURELA FS
Claudia (1984) e Ro (1986) incorporáronse ao proxecto na tempada 2008-09 co nacemento do equipo na División de Prata, procedentes do Foz FSF. Camiñaron da man do Burela FS Pescados Rubén co ascenso a Honra nese primeiro ano, alzáronse coa Copa Galicia en 2009 e 2010 e traballaron por consolidar o novel equipo mariñán entre os mellores da Primeira División. En 2011-12, Ro alzouse co título de pichichi laranxa, con 19 dianas; Claudia tamén atopou pegada goleadora, con 10 tantos.
O CD Burela FS agradece todos os anos de compromiso e os boísimos momentos vividos con ambas as xogadoras, que sempre terán as portas abertas para o seu regreso. Loa a súa iniciativa de seguir recollendo novos éxitos, lonxe da terra, e deséxalles moita sorte na nova etapa.