Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña viaxou a Santiago a Final do campionato autonómico “Todos Polo Fútbol”

A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña viaxou a Santiago para participar na Final do campionato autonómico “Todos Polo Fútbol”.

O equipo F.S. A Mariña, o pasado sábado día 30, viaxou a Santiago con motivo
da participación no campionato “Todos polo fútbol”. O equipo xogou o partido
correspondente a cuartos de final e, máis tarde, recibiu as medallas correspondentes.
Aproveitando o desprazamento a Santiago visitaron a Catedral e o casco histórico,
mezclando así ocio, deporte e cultura.
Destacou o compañeirismo e a diversión, tanto a hora de xogar como de visitar a cidade.
Esta actividade propiciou o contacto con outras asociacións, que os nosos usuarios
puideran coñecer xente nova, compartir o día con amigos e familiares, ampliar o seu
coñecemento cultural e o aumento da súa autoestima que está directamente relaccionada
coa súa melloría terapéutica.

Exit mobile version