Site icon Crónica3.com A Mariña

A comisión de festas de San Cibrao anima a colaborar na confección da alfombra floral con debuxos de Hipólito Xeada

DOMINGO 15 DE XULLO “Véspera do Carme”

A CONSELLEIRA DO MAR, ROSA QUINTANA ASISTIRÁ A PROCESIÓN NA HONRA DA VIRXE DO CARME

– Rosa Quintana, titular da Consellería do Medio Rural e do Mar asistirá á procesión na honra da Virxe do Carme que percorrerá as rúas de San Ciprián este domingo, desde a Igrexa Parroquial ata o porto, onde terá lugar a tradicional misa solemne.

A COMISIÓN ORGANIZADORA ANIMA A VECIÑOS E VISITANTES A COLABORAR NA CONFECCIÓN DA ALFONBRA FLORAL QUE ACOLLERÁ DEBUXOS DO ARTISTA HIPÓLITO XEADA

– O artista lucense HIPÓLITO XEADA será o encargado do deseño da imaxe central da alfombra floral que se elaborará (se o tempo o permite) na praza do Lugar de San Ciprián. A Comisión organizadora convida a veciños e visitantes a colaborar na confección da alfombra, tras a hora do xantar e a traer flores a todos aqueles que queiran facelo, na honra da Virxe do Carme.

Programa de actos:

10:00h Praza do Lugar:

Dará comezo a confección da ALFOMBRA FLORAL. Os traballos desenvolveranse ao longo de todo o día. Principalmente tras a hora do xantar.

14.00h Praza dos Campos:

SESIÓN VERMÚT a cargo da orquestra FOLIADA

19:00h

Pasarrúas a cargo dunha banda de Musica patrocinada pola Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

21.00h  Igrexa Parroquial de Santa María de Lieiro:

MISA SOLEMNE cantada pola “CORAL TERRAMAR DE SAN CIPRIÁN”

De seguido Procesión da Virxe do Carme ata o Peirao, acompañados por unha banda de música patrocinada pola Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. Incorporarase a imaxe de San Andrés diante da súa Capela, farase unha parada na Praza do Lugar, onde se cantará a Salve Mariñeira. Continuará o percorrido, no medio do Ismo sairá a imaxe de San Ciprián para recibir e acompañar á Virxe ata o Porto onde permanecerán ata o seguinte día.

23:30h Praza dos Campos:

Gran Verbena amenizada polas orquestras: NUEVA GENERACIÓN E FOLIADA.

Exit mobile version