Site icon Crónica3.com A Mariña

A coproración de Foz aprobou unha iniciativa de UNIFOZ pedindo o saneamento da parroquia de San Acisclo

No pasado Pleno da Corporación Municipal de Foz, aprobouse por unanimidade a moción presentada por UNIFOZ, para que a Xunta de Galicia se comprometa a posta en marcha do saneamento da parroquia de San Acisclo, parado dende fai oito anos.
Tamén se aprobou co voto favorable do PP o recoñecemento extraxudicial de facturas por importe de máis de 500.000 €, o que demostra que este goberno do PP de Foz, é un goberno incompetente, e irresponsable, se fai dous anos criticaba ao anterior goberno por deixar fora de contabilidade 288.000 € do ano 2010, resulta que agora o PP de Foz gastou no ano 2011 máis de 500.000 €, fora de contabilidade, todo isto por gobernar sen imaxinación, sen capacidade de traballo, e facelo a golpe de talonario.
A proposta do PP de aprobar definitivamente a taxa de depuración co apoio indirecto do PSOE (abstención), os veciños terán que pagar 7 €/ bimestre a maiores no recibo da auga.
UNIFOZ votou en contra e presentou reclamación contra a taxa por considerala inxusta, e non contemplar ningunha exención en caso en que o veciño non poda conectarse tecnicamente ao servizo, ou por estar a máis de 100 metros da rede de saneamento.
Tamén queremos denunciar as palabras do Sr Alcalde de ataque directo contra os funcionarios e de forma especial contra os profesionais do ensino ao afirmar que había profesores que so traballaban 8 horas a semana, mentres un traballador da construción traballa 40 horas, así mesmo afirmou tamén que as aulas terían que ser de 35 alumnos de igual xeito que cando el estaba estudando.

Exit mobile version