O VINDEIRO 31 DE XULLO DAN COMEZO AS NOITES ALTERNARTIVAS QUE ORGANIZA A DELEGACIÓN DE DEPORTES DE BURELA. TAMÉN SE PRESENTARON HOXE A CARREIRA POPULAR E OS DÍAS DA BICICLETA E DO PATÍN.
Beatriz Piñeiro e o alcalde, José Mª González Barcia, presentaron tamén hoxe o resto das actividades que terán lugar no mes de agosto. O 5 de agosto (domingo) celebraráse unha nova edición da Carreira Popular con saída da praza do Concello e chegada á praia da Marosa. En total serán 6 kilómetros de percorrido. Haberá trofeos para o máis xove, para o veteran@ e para o 1º clasificad@. As inscricións poden facerse no punto de saída media hora antes do inicio da carreira.
O 10 de agosto Burella acollerá o Día do Patín a partires das 18:30 horas con saída desde praia urbana ata a de Ril e volta. Piñeiro subliña que “para participar nesta actividade é obrigatorio saber patinar e si non é así ir acompañados dunha persoa adulta”. As inscricións deben realizarse no Concello ata o vindeiro 9 de agosto. E xa o 17 de agosto celebraráse o Día da Bicicleta ás 19 horas con saída desde a praia urbana ata a da Marosa.