Site icon Crónica3.com A Mariña

A Delegación de Xuventude e Deportes de Foz organiza diversas actividades para as Noites Alternativas

Un ano máis a Delegación de Xuventude e Deportes organiza as Noites
Alternativas, que darán comezo o día 9 de xullo. Durante os meses de xullo e
agosto os rapaces e rapazas de 10 anos en adiante poderán practicar deportes
como fútbol sala, fútbol praia, vóley praia e baloncesto en horario de 22h.
a 1:30h. da mañá. A modalidade continúa sendo a de torneo e cada semana
coñeceremos aos equipos gañadores de cada especialidade segundo a súa idade.
A inscrición, que é gratuíta, realizarase o primeiro día ao comezo cada unha
das actividades.

Fútbol Sala 3×3 sénior

9-11-12 de  Xullo

Pista Polideportiva Campo da Cabana

Fútbol Sala 3×3 sub-12/15/17

17-18-19 Xullo

Pista Polideportiva Campo da Cabana

Fútbol  Praia sénior

23-24-26 Xullo

Praia da Rapadoira

Fútbol  Praia sub-12/15/17

30 Xullo/1-2 Agosto

Praia da Rapadoira

Voley Praia sénior

6-7-8 Agosto

Praia da Rapadoira

Voley Praia sub 12-15-17

13-14-16 Agosto

Praia da Rapadoira

Baloncesto sub 12-15-17

20-22-23 Agosto

Pista Polideportiva Campo da Cabana

Exit mobile version