Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegada da Xunta acompaña a representación da Mariña no I Encontro de Artesanía Tradicional e Popular en Agolada

RAQUEL ARIAS SUBLIÑA O “RECORRIDO EMPRESARIAL” DA ARTESANÍA DA MARIÑA DURANTE A PRESENTACIÓN DA FIRMA SECRETOS DE GALICIA NO I ENCONTRO DE ARTESANÍA TRADICIONAL E POPULAR

 A delegada territorial destacou a labor “de promoción comercial e de apoio ao talento” que representa esta mostra que se realiza no conxunto histórico dos Pendellos, no concello de Agolada

Agolada (Pontevedra), 6 de xullo de 2012.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, acompañou hoxe á representación da comarca da Mariña no I Encontro de Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que organiza a Consellería de Economía e Industria na localidade pontevedresa de Agolada.

Arias, visitou distintos stands de artesáns, entre eles, o pertencente á empresa de repostería e confitería Secretos de Galicia, co que colabora o reposteiro Antonio Gumiel, radicado no concello de Foz, tamén lugar de produción da firma. Arias subliñou a elevada participación de expositores da provincia de Lugo e sinalou que esta iniciativa é un escaparate “de promoción comercial e de apoio á calidade na creación”.

Tras do percorrido, Arias gabou “o altísimo nivel do traballo dos nosos artesáns, que serven de espello para moitos outros deseñadores e produtores. Co que aquí expoñen e coa súa traxectoria amosan que a artesanía e o deseño poden ter un frutífero recorrido empresarial”.

Neste sentido, incidiu en que “na provincia de Lugo, como no conxunto de Galicia, sempre tivemos artesáns de moito talento. O papel da Xunta consiste en apoiar ese talento, e así o está a facer a través Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, que impulsa diferentes liñas de actuación para o desenvolvemento e a promoción do sector artesán galego”. Nun mercado con máis de 70 expositores, a provincia de Lugo está representada por 18 firmas, entre as que destaca a xa referida Secretos de Galicia.

Arias agregou que “este encontro serve tamén para prestixiar á creatividade que encerra en xeral este sector da artesanía en Galicia”. O evento, organizado á maneira dun mercado tradicional, estará aberto ao público durante toda a fin de semana.

Exit mobile version