Site icon Crónica3.com A Mariña

A Fundación San Salvador de Lourenzá selecciona alumnos para o curso “Proxectista de Carpintería e Moble”

CURSOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO 2012
ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE A PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS

Este venres día 27 a Fundación San Salvador de Lourenzá vai seleccionar os alumnos para o curso “Proxectista de Carpintería e Moble” que empezará a partires do próximo mes de Agosto. Dito curso ten unha duración de 518 horas e durará ata o mes de Decembro. O horario será de 8:30 a 14:30 horas de luns a venres.
Ao concluir o curso o/a alumno/a será capaz de desenrolar os planos dos deseños plantexados polo deseñador, adaptándoos á realidade do proceso de fabricación da empresa, así como de analizar as feiras adaptando estas tendencias aos produtos elaborados pola empresa.

O curso constará de tres módulos:

Relación secuencial de bloques de módulos formativos:

Adecuación de deseños e análise de mercados en carpintería e moble.
Elaboración de planos de despece en carpintería e moble.
Tecnoloxía de fabricación e desenrolo de prototipos en carpintería e moble.

Os requisitos de acceso dos alumnos son que teñan en posesión do certificado de escolaridade ou equivalente e non se require experiencia profesional e o curso vai dirixido prioritariamente a persoas desempregadas.

Os alumnos terán dereito a unha serie de axudas ou bolsas en función das rendas da unidade familiar.

Todos aqueles interesados en formar parte desta selección é requisito imprescindible que pasen mañá xoves pola Oficina do Inem de Mondoñedo e se inscriban neste curso.

Exit mobile version