Xogos, teatro, música, exhibicións, concursos…….
VENRES 24 DE AGOSTO
17:00h Inauguración no Campamento Normando na zonda de Tupide
18:00h (1)Holmgang e pasarrúas ata o Mercado, onde se fará un obradoiro de fabricación de velas.
21:00 Lectura do pregón a cargo do historiador D. Juan Ramón Fernández Pacios, Licenciado en Xeografía e Historia e investigador de Historia local, no Monte do Bispo Santo.
A continuación representación da Lenda do miragre de San Gonzalo a cargo dos veciños de San Martiño.
23:00h Ritual vikingo arredor do deus Thor e queimada na Praza Conde de Fontao.
SÁBADO 25 DE AGOSTO
11:00h Pasarúas do Campamento ao Mercado
11:30h Cucaña en Porto Chico
12:00h Formación do muro de escudos dos guerreiros que marchan ata o desembarco.
13:00h Desembarco e combate.
A seguir haberá baile interpretado polo grupo “O Feitizo”
17:00h Pasarrúas e obradoiro de (2)runas no Campamento.
17:30h Teatro de títeres no Mercado, representación da obra
“A Caixa de Nuk” pola compañía A Xanela do Maxín.
18:00h Demostración de Tiro con Arco para adultos e nenos no
Campo da Cabana.
18:00h Xogos na Praza Conde de Fontao
Carreira de pipos e Tiro de paca de palla.
19:00h Espectáculo no Mercado, viaxes e costumes do norte de Europa.
20:00h Pasarrúas guerreiro e combate no Mercado.
22:00h Entrega de premios dos xogos e do I Concurso de decoración de establecementos.
Nomeamento de “ FOCEGO MAIOR” á Peña “OS LARPEIROS”
23:00h Concerto de Taranis
DOMINGO 26 AGOSTO
11.00h Pasarrúas de apertura dende o Campamento ata o Mercado
12:00h Vodas Vikingas na Praza Conde de Fontao
13:00h Obradoiros infantís no Mercado
14:00h Concerto Folk pola zona do peirao.
17:00h Pasarrúas dende o Campamento ata o Mercado
18:00h Xogos vikingos no Campamento
19:00h Contacontos de Lendas vikingas
20:00h Pasarrúas de peche.
CAMPAMENTO
De xeito continuado desenvolveranse diferentes actividades da vida cotiá
O horario de apertura ao público será :
Venres: 17:00h ata 21:00h
Sábado e Domingo: 11:00h ata as 14:00h
17:00h ata as 21:00h.
Prégase a todo o público que se vista de acordo coa época na que se desenvolve a lenda que deu lugar a esta celebración.
O venres haberá un autobús de ida e volta que sairá da explanada do peirao ata a Basílica de San Martiño. A saída terá lugar ás 20:00h.
A inscrición nos xogos e nas vodas vikingas poderá facerse na Casa da Cultura de Foz ou na páxina web da festa, que en breve teremos.
Síguenos tamén en facebook: festa normanda e visita a nosa páxina web.
A información para a elaboración dos traxes da época atoparala na páxina web e no perfil de facebook .
Outros enlaces : www.grupotaranis.com
Especial relevancia terá o I Concurso de decoración de establecementos, cun premio de 300 € donado pola ACIA de Foz. Repartiranse as bases polos establecementos, e por si algún non os recibe poden recollelas tamén na Casa de Cultura.
Agradecementos especiais a ACIA de Foz e a Deputacion Provincial de Lugo
Patrocina LA CAixa
Participa o Grupo Taranis de Animación y recreación cultural histórica e Gallaecia Ulf.