Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mariña maniféstase pola industria

A MARIÑA MANIFÉSTASE POLA INDUSTRIA

Miles de persoas manifestáronse o pasado venres polas rúas de Viveiro encol da defensa da industria mais importante de o norte de Lugo, convocados por o comité de empresa de Alcoa. O obxectivo da mobilización é conseguir que se estableza un marco regulatorio que asegure a competitividade das industrias do aluminio cunha nova tarifa eléctrica a partir do próximo ano.

Centos de traballadores, estudantes, operarios, sector do comercio e da pequena empresa xunto e ex-traballadores e xubilados das empresas da comarca como participaron nesta manifestación para reivindicar o emprego en xeral e no sector industrial en particular, máxime cando hai outras pequenas empresas auxiliares que subsisten ou subsistiron grazas a esta empresa.

Xa non hai un ZP culpable de todos os problemas de todos os españois, xa hai outros gobernando e son a eses aos que hai que esixirlles negociacións en procura de solucións para que os habitantes desta terra e os seus descendentes teñan traballo.

Non hai outra, e os mariñáns téñense que manifestar para que os que mandan, en Lugo, Santiago ou na Moncloa saiban que aquí hai problemas e hai que porlles solución. Que só cos recortes non se soluciona a papeleta, como tampouco invocando a virxes e santos, senón que hai que investir en I D I, equipamentos e infraestruturas públicas, educación, formación… para crear emprego.

Cando os expertos coinciden en que a economía española debe buscar de forma urxente unha alternativa ao ladrillo para saír da crise, o Goberno recortou un 12,5% as axudas destinadas a impulsar a competitividade dos 12 sectores industriais considerados estratéxicos. Como en outros moitos temas a política industrial do goberno de Rajoy e moi modesta e sen rumbo. Nun momento como este, non podemos volver ao modelo anterior baseado no ladrillo e aquí neste Norte Galego e necesario unha campaña para favorecer á industria, constituír unha plataforma en defensa da industria con expertos que determinen os sectores estratéxicos e emprazar ao Goberno a tomar medidas para potencialos.

Desde o inicio da crise, perdéronse na Mariña perto de un 40% de empregos na industria e outros sectores, moitas pequenas empresas botaron o peche e outras tiran a trancas e barrancas con subvencións e eres a mansalva. Necesítase pois que a cidadania tome á rua tantas veces como sexa necesario, e defenda un futuro para a bisbarra.

Otero Regal

Exit mobile version