Site icon Crónica3.com A Mariña

Afectados polas Participacións Preferentes da Mariña tratará nunha reunión a convocatoria de novas manifestacións

PLATAFORMA AFECTADOS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES A MARIÑA
Dende a Plataforma de Afectados Participacións Preferentes da Mariña, convocamos
unha nova reunión informativa para a vindeira fin de semana.
LUGAR: Casa Da Cultura do concello do Valadouro (Salón de actos)
DATA: Domingo día 15 de Xullo.
HORA: 19:00h
PUNTOS A TRATAR:
1- Informar e asesorar a xente que non estea ao tanto do que se fixo ata o de agora
na plataforma.
2- Convocatoria de novas manifestacións da Mariña.
3- Informar sobre a manifestación que vai haber de todas as plataformas de Galicia o
día 21 en Santiago de Compostela. (Se hai xente dabondo contrataremos un autobús
para ir todos xuntos)
4- Rogos e preguntas.
Para calquera dúbida ou consulta podedes poñervos en contacto con nos do seguinte
xeito:
– No número de teléfono: 608 191 779
– No enderezo electrónico: afectadospreferentesamarinha@gmail.com
– Mediante unha mensaxe neste perfil de facebook.

Exit mobile version