Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma de Afectados Participacións Preferentes A Mariña manifestarase con todas as plataformas en Santiago o día 21

Dende a Plataforma de Afectados Participacións Preferentes A Mariña vamos acudir o vindeiro día 21 a manifestación convocada por todas as plataformas de Galicia en Santiago de Compostela.
Temos contratado un autobús de 55 prazas. (Se vai ao completo o prezo por persoa será entre 6-7€)
Animamos a todo o mundo que o desexe a asistir, podendo anotarse ata o vindeiro venres día 20 no número de teléfono: 608 191 779.

SAIDA DO AUTOBÚS: As 07:00h da estación de autobuses de Viveiro, pasando por Xove (Na parada da beira da estrada), estación de autobuses de Burela, Estación de autobuses de Foz, Cruz do Lobo (Explanada do Asador), Ferreira do Valadouro (Explanada do parque), estación de autobuses de Mondoñedo e Santiago de Compostela.

Saída de volta as 16:00h.

E moi importante á asistencia, entre todos podemos e a unión fai a forza, temos que loitar polos nosos dereitos e polos nosos aforros de toda unha vida.

Dende esta plataforma tamén temos convocadas tres manifestacións máis na zona da Mariña:

Martes día 24 de Xullo en Foz.

– Saída as 11:00h da Praza Conde Fontao (Porto)

Xoves día 2 de Agosto en Viveiro

– Saída as 11:00h da Praza Maior.

Mércores día 8 de Agosto en Ribadeo

– Saída as 11:00h do Cantón

Exit mobile version