Site icon Crónica3.com A Mariña

A portavoz do PP na Deputación pregunta se axudas de 5 euros por usuario resolven os problemas na prestación do SAF

Os populares acusan á Veiga de distorsionar a realidade en materia de Servizos Sociais

Candia pregúntalle a Veiga se axudas de cinco euros por usuario resolven os problemas na prestación do SAF

 As baixas contías recibidas por algúns concellos en materia de servizos sociais contrapóñense ao ‘despilfarro’ de fondos investidos polo BNG e o PSOE en festas, viaxes e adecentamento de zonas de baixa demanda

 Candia recorda que coa contía de 600.000 euros aprobada pola Deputación provincial para a concesión de subvencións ao Servizo de Axuda no Fogar, o organismo provincial non cumple á lei que aprobou o BNG e o PSOE en 2008 reguladora dos servizos sociais e o decreto que a complementa. Dacordo co 2011, a Xunta aportaría máis de 7 millóns de euros.

Lugo, 17-07-2012 – A portavoz do Grupo do Partido Popular na Deputación provincial de Lugo, Elena Candia, manifesta a súa desconformidade coas declaracións vertidas polo Vicepresidente primeiro do organismo lucense ao asegurar que as subvencións aprobadas polo ente para o Servizo de Axuda no Fogar evitan serios problemas no mantemento da prestación do SAF. Ante isto, Candia pregúntalle a Veiga se axudas de cinco euros –como so concedidos a Carballedo– por usuario garanten o servizo e resolven calquera problemática nesta área.

A portavoz provincial asegura que estas baixas contías recibidas en materia de servizos sociais amosan a falta de criterio e de priorización das necesidades que identifican a xestión do goberno que lidera José Ramón Gómez Besteiro. Para Candia, estas mínimas subvencións concedidas a algúns concellos contrapóñense ao despilfarro en grandes contías de fondos investidos polo BNG e o PSOE en festas, viaxes e adecentamento de infraestruturas e obras de pouca demanda e que despois ninguén mantén nin preserva.

A seguridade en materia de servizos sociais que defende o vicepresidente primeiro da Deputación non é compartida por alcaldes e portavoces do seu mesmo partido político. E mesmos nalgúns casos esta falta de garantía conlevou que alcaldes do BNG chegaran a despedir a algunha traballadora social.

Candia recorda que coa contía de 600.000 euros aprobada pola Deputación provincial para a concesión de subvencións ao Servizo de Axuda no Fogar, o organismo lucense non cumpre a lei que aprobou o BNG e o PSOE en 2008 reguladora dos servizos sociais e o decreto que a complementa. Dende o grupo popular e a través da súa portavoz, aseguran ser coñecedores da vontade de colaboración amosada polo Presidente da Xunta. A través da firma do protocolo xeral búscanse acordos co obxecto de blindar servizos sociais na comunidade autonómica. Para Candia o principio de colaboración debe ser o inspirador de calquera decisión en servizos sociais. A popular pide que o Servizo de Axuda no Fogar deixe de ser unha arma de batalla pública.

Criterios de Reparto

En relación aos criterios de reparto das subvencións para o Servizo de Axuda no Fogar, os populares manifestan a súa sorpresa ao ver grandes diferenzas nas contías. Hai diferenzas que van dos 589 euros por usuario que recibe Pobra de Brollón aos 5 que se destinan a Carballedo, sendo municipios con situacións e criterios similares.

Trala análise dos criterios de adxudicación da ponderación (tipoloxía dos beneficiarios, grado de financiamento por parte do concello, esforzo fiscal e outros proxectos ou programas de caracter social), os populares seguen a amosar a súa sorpresa. Candia explica que estes criterios evidencian realidades moi similares que non corresponden coa gran diferenza amosada nas contías concedidas.

Polo tanto, Candia pide colaboración en materia de Servizos Sociais e esíxelles que se evite a conflitividade. Para Candia é tal a utilización política desta área por parte da Deputación provincial, chegando incluso a condicionar o ingreso destinado a fins sociais, sempre e cando o concello previamente ingresara os intereses de demora en relación as cantidades que deben reintegrar do Plan Emprega. Unhas débedas que os técnicos xurídicos dos concellos cualifican de non liquidas, nin vencibles, nin esixibles. Este dato, para Candia, evidencia a falta de cooperación e a politización dun servizo básico.

Exit mobile version