DOLO CUMPRIRÁ UN LUSTRO ÁS ORDES DO BURELA FS
Dolo cualificou a súa renovación como “un compromiso pola continuidade dun proxecto que merece tocar o seu culmen”. “Despois dunha traxectoria na que tempada a tempada se melloran os resultados, é unha esixencia persoal e do equipo que chegue polo menos un título, ou a liga ou a Copa, e para iso loitaremos en 2012-13”, así falou a xogadora dos plans laranxas, nunha liga que augura “moi rifada”, a pesar da aparente inestabilidade inicial: “Aínda sobrevoa moita incerteza na categoría; os cadros non están pechados e incluso xa se fixo oficial a retirada do Elxe, por problemas económicos, pero eu creo que non haberá riscos para deleitarnos cunha liga moi competitiva, coma nos últimos anos” puntualizou a burelista.
Marcelino Luna destacou a continuación da coruñesa como “un dos reflexos máis evidentes da firme aposta do club polo grupo de traballo que leva anos facendo historia na elite do fútbol sala coa súa constante progresión”.