Site icon Crónica3.com A Mariña

A xunta de persoal do Hospital da Costa contra os recortes chama á sociedade a participar nas mobilizacións

AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN E SOCIAIS

MANIFESTO

A Xunta de Persoal considera que as medidas anunciadas por Rajoy supoñen un atentado gravísimo contra as condicións laborais e salariais dos empregados e empregadas do sector público. Denunciamos que favorecen a destrución de emprego e dos servizos públicos e por iso vos convidamos a amosar o seu máis rotundo rexeitamento a este novo ataque, coincidindo coa celebración do Consello de Ministros de hoxe.

Consideramos unha indecencia que, recorrendo á demagoxia, o PP pretenda que sexan as empregadas e empregados públicos quen paguen as consecuencias dunha política económica errática, concibida en beneficio exclusivo do poder financeiro para favorecer os intereses dos mercados especulativos.

Salientar que se empeoran as condicións de xubilación ou que se penaliza a enfermidade o que vai en detrimento das condicións de vida, pero tamén das condicións estritamente laborais coa nova redución de días de libre disposición e a ampliación da mobilidade.

Consideran vergoñento que se chegue a afirmar que o problema é que no sector público se destruíu menos emprego que no privado, cando o problema real é a brutal destrución de emprego que se deu nestes anos.

Esta Xunta de Persoal considera que, en síntese, estamos ante un conxunto de medidas que supoñen a destrución do estado democrático e dos seus servizos públicos e que se pretende facer cargar sobre as costas dos empregados e empregadas públicas as consecuencias do rescate da banca privada, abocando ao conxunto da poboación ao empobrecemento.

Por iso, facemos un chamamento a todas as traballadoras e traballadores a que mostren o seu rexeitamento máis absoluto e participedes nas movilizacións convocadas por todas as organizacións sindicais para o:

Xoves 19, concentracións en todos os centros de traballo

Xoves 26, concentracións en todos os centros de traballo

Luns 30 de xullo, pola mañá reunión entre as OOSS e pola tarde manifestacións comarcais.

Exit mobile version