Site icon Crónica3.com A Mariña

ADEGA leva a Viveiro a exposición itinerante de humor gráfico “Rir por non chorar” que se ubicará en Lodeiro

ADEGA INSTALA EN VIVEIRO A EXPOSICIÓN ITINERANTE DE HUMOR GRÁFICO “RIR POR NON CHORAR”

Lugo, a 31 de Xullo de 2012.- ADEGA por medio desta nota de prensa quere informar aos medios de comunicación da instalación da Exposición itinerante de humor gráfico “RIR POR NON CHORAR” que terá lugar mañá día 1 de Agosto de 2012 en Lodeiro na explanada entre o Centro de Saúde e o edificio comarcal da Xunta, ás 16:30 horas.

ADEGA coa colaboración da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo, instalará mañá día 1 de Agosto, en Viveiro, esta exposición que conta coa participación de humoristas gráficos e ilustradores de toda Galiza, entre os cales destacan; Pinto & Chinto, Leandro, Guitián e Calros Silvar. Ate o día 5 de Agosto esta exposición brinda a todos os cidadáns unha oportunidade para achegarse as problemáticas ambientais galegas dende outro prisma, a través da ironía e a crítica.

A inauguración da mostra foi o pasado 3 de Xullo en Lugo onde permaneceu durante unha semana, a segunda parada na andaina da exposición é Viveiro, onde permanecerá durante 5 días para logo moverse a outros concellos da provincia de Lugo. A exposición e gratuita e conta cun espazo para que aqueles que así o desexen colaboren cos seus debuxos ou mensaxes.

Esta exposición está enmarcada dentro dos actos do Proxecto “Cultura e Territorio” que ADEGA leva a cabo durante este ano 2012, un proxecto cuxo obxetivo e divulgar as ameazas que se cernen sobre o noso patrimonio natural e cultural ademáis de buscar solucións e propostas realmente sostibles e equilibradas de respecto ao noso entorno.

Exit mobile version