Site icon Crónica3.com A Mariña

A plataforma de Participacións Preferentes A Mariña aclara que a arbitraxe non é unha solución como o intentan vender

Dende a Plataforma de Afectados Participacións Preferentes A Mariña queremos facer un chamamento a calma debido as últimas noticias sobre a concesión de arbitraxe a Novagalicia Banco que poden xerar confusión entre os afectados, xa que hoxe a noticia sae nos medios de comunicación como a “solución” ao problema de todos os afectados.

Polo que temos entendido ata o de agora a arbitraxe só beneficiará a casos denominados “extremos” que poden supoñer un 10% do total do total de afectados, o resto quedarían sen solución, e dicir que NON É UNHA SOLUCIÓN PARA TODOS COMO O INTENTAN VENDER.

Todo o mundo está a espera de unha solución e hai xente que se pode aferrar a un cravo ardendo.

Creemos que é outra estratexia máis da entidade para intentar levarnos ao seu terreo, saben da desesperación de moitas das familias e isto fano para outra vez dar a entender de que están facendo todo o posible por solucionar este asunto cousa que non vemos nada clara, temos a sensación de que estaba todo preparado e meditado, primeiro o perdón e agora este asunto que o venden como a solución, pero pensamos que se nos oculta outra vez máis moita información.

Por iso dente a plataforma queremos facer este chamamento a calma, intentaremos informarnos o máximo posible sobre isto e analizar se pode ser unha vía fiable para a solución do noso problema ou non.

Manteremos a todo o mundo informado así que nos informemos en que consiste todo este asunto da “arbitraxe” e si realmente nos pode beneficiar ou non.

Xa xogaron con nós unha vez e non vamos a permitir que o fagan unha segunda!

Exit mobile version