Site icon Crónica3.com A Mariña

Afectados Participacións Preferentes A Mariña informa nunha reunión das medidas “para recuperar o noso diñeiro”

Dende a Plataforma de Afectados Participacións Preferentes A Mariña convocamos unha reunión de carácter urxente para facilitar información das medidas das cales dispoñemos nestes momentos para recuperar o noso diñeiro debido as novidades das últimas semanas e a concesión de arbitraxe a Novagalicia Banco.

REUNIÓN:

LUGAR: Casa da Cultura Concello do Valadouro – Salón de Actos

DÍA: Domingo día 29 de Xullo.

HORA: As 19:00h

Puntos a tratar:

– Información das dúas únicas vías polas cales podemos reclamar nestes momentos a devolución do noso diñeiro (Arbitraxe e Demanda Xudicial).

– Información detallada sobre a arbitraxe.

– Vantaxes e inconvintes do arbitraxe.

– Información detallada sobre a demanda xudicial.

– Vantaxes e inconvintes da demanda xudicial.

– Información sobre a “quita” prevista para o mes de outubro.

– Rogos e preguntas.

E moi importante a asistencia a esta reunión, o tempo neste caso corre na nosa contra e temos que tomas medidas de inmediato.

Dende a plataforma temos a información suficiente para poder explicar a os afectados detalladamente as alternativas que hai nestes momentos para que cada quen despois toma unha determinación, pero antes consideramos que deben de ser informados debidamente.

Exit mobile version