Site icon Crónica3.com A Mariña

Agrupación socialista de Foz renovou a executiva local

Agrupación Socialista de Foz renovou a executiva local, saíndo elixido José Ramón Val Alonso como novo Secretario Xeral.

O pasado sábado en Asemblea Extraordinaria procedeuse á renovación da executiva municipal da Agrupación local de Foz, quedando composta por:

Secretario Xeral José Ramón Val Alonso
Vicesecretario José Francisco Ramalleira Fraga
Sª De Organización María Luísa Piñeira Núñez
Sº De Admón. E Finanzas Jesus Hermida Carracedo
Sº Acción Electoral Ramón Candia Rego
Sª De Igualdade E Benestar Nieves Moreda Beltrán
Sº De Política Municipal Carlos Freire Blanco
Sª De Emprego E Comercio Vanina Cabrera Sánchez
Sª Asuntos Sociais E Cidadanía Maria Nelly Castro Neira
Sº Medio Mariño José Ramón Villarino Neira
Sº Medio Rural Camilo Marful Fidel

O primeiro, agradecer o traballo desenrolado polo anterior Secretario Xeral Luis Alfonso Sixto Legaspi ao longo dos anos que estivo ao fronte do PSOE ben como SX ben noutros cargos orgánicos do partido, agradecemento extensivo a tódolos os compañeiros e compañeiras compoñentes da anterior executiva.

Onte a nova executiva celebrou a súa primeira reunión, na que como non podía ser de outro xeito se tratou o tema do día, os durísimos recortes e a drástica subida de impostos que propugnou Rajoy no Congreso, sendo moi críticos con esta política de recortes considerando que sempre recaen sobre as clases media e baixa, a reducción de salarios, de prestacións sociais, ou o aumento do IVE incidiran de forma negativa na recesón que estamos a sufrir e so serviran para afogar a xa de por si maltreita economía española e sumindo aos cidadáns nun pozo sen fondo, retraendo o
consumo e destruíndo mais emprego.
Considerase que o PP incorre nun masivo engano e nun fraude electoral, polo incumprimento sistemático de todas as súas promesas electorais.

Preocupa tamén como van afectar as novas instruccións da Xunta de Galicia relativas a xestión dos comedores escolares nos colexios públicos a nivel local, nas que se modifica o acceso ao servizo de comedor escolar e as axudas para o mesmo aos alumnos que non estean escolarizados na zona de influencia do colexio, polo que se estará atentos a que non se produza ningunha
reducción no número de prazas existentes nos comedores da localidade como xa é efectivo en localidades da comarca.
Apoiase a denuncia que fai a FAPACEL que non entende como comedores escolares con capacidade suficiente para admitir comensais, non poden facelo porque a Xunta lles pon limite, aínda que os
pais/nais estean dispostos a pagar este servizo na súa totalidade.

Exit mobile version