O AMEGROVE FÍXOSE COA I BANDEIRA DE TRAIÑEIRAS DEPTUACIÓN DE LUGO
Antonio Veiga, que asistiu ao evento e participou na entrega de premios, mostrouse satisfeito tanto polo grado de participación como pola deportividade coa que se viviu esta regata
A tripulación amarela, patroneada por Andrea Montero, despois de gañar a contrarreloxo disputada onte, fíxose con esta I Bandeira de Traiñeiras da Mariña, con casi 10 segundos de diferenza respecto á Chapela, que quedou segunda clasificada.
O vicepresidente da Deputación, que asistiu ao evento e participou na entrega de premios, mostrou a súa satisfacción tanto polo grado de participación como a deportividade coa que se viviu esta regata e felicitou aos remeiros que tomaron parte nela.