As escolas de fútbol da AFD Porto de Burela abren o prazo de inscrición o 23 de xullo
redac
As escolas de fútbol de Burela abren o seu prazo de inscrición o próximo día 23 de Xullo .
AFD Porto de Burela nace despois de que un grupo de pais decidira constituír unha asociación, sen ánimo de lucro, que puidera xestionar e dar continuidade á práctica do fútbol. Dada a situación actual , na que as institucións públicas retiraron as subvencións e axudas que viñan concedendo, os rapaces de Burela tiñan serias dificultades para continuar coa escola de fútbol. Agora esta asociación diríxena un grupo de 12 persoas nas que se atopan representadas todas as categorías por medio dun pai como mínimo por equipo. Todo iso fai que a ilusión e as ganas sexan moitas, marcándose como principal obxectivo a práctica e promoción do fútbol, facendo especial fincapé na aprendizaxe do deporte dende o compañerismo, o respecto , o sacrificio , o traballo en equipo, o afán de superación… e a aceptación das súas regras. Dende esta escola de fútbol intentan que os nenos e nenas se divirtan, aprendendo un deporte e formándose como personas, pois deles , e da súa formación, depende o futuro de todos.
Para maior información, chamar ao teléfono 673145345 ou escribir ao correo electrónico: afdportoburela@gmail.com